xoves, 23 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

NESTA OCASIÓN O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ESTABA ADICADO A FIGURA DE ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS, E PARA TRABALLAR A SÚA PERSOA E OBRA QUIXEMOS DARLLE UNHA VOLTIÑA.

PARA ISO UTILIZAMOS A GAMIFICACIÓN COMO RECURSO EDUCATIVO, O XOGO COMO FÍO CONDUTOR DUNHA NARRATIVA TANTO A NIVEL DE CICLOS COMO EN INFANTIL E PRIMARIA.

TODO O XOGO O BASEAMOS NO MUSEO DO POBO GALEGO DO QUE FOI FUNDADOR E PRESIDENTE. ALÍ SUCEDERON COUSAS SORPRENDENTES, E ASÍ SE ENTERARON AS NENAS E NENOS. NUN DOS DÍAS CHEGAMOS A AULA E SORPRESA!,  ESTABAN AS CADEIRAS E LIBROS DESORDENADOS, QUEN FORA?, QUE SUCEDEU! VAIA SORPRESA, E ALÍ ATOPAMOS A PRIMEIRA PISTA UN GORRIÑO VERMELLO, DE QUEN SERÁ?
XA O SEGUNDO DÍA SUCEDEU OUTRA VEZ, E ATOPAMOS A SEGUNDA PISTA UNHA PEQUENA ESPADA, PERO A SÚA VEZ ATOPAMOS UN RECORTE DE XORNAL NO QUE SE LÍA...
A PARTIR DE AQUÍ RECIBIRON UNHA CARTA DE ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS PEDÍNDOLLES AXUDA PARA INVESTIGAR QUEN ERA O ENCARGADO DOS ROUBOS, ALGUNHAS PISTAS ÍAN COINCIDINDO! E COMEZA A VENTURA.


 POUCO A POUCO FORON CHEGANDO MÁIS NOVAS DE ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS SOBRE ROUBOS QUE ESTABAN A ACONTECER NAS DIFERENTES SALAS DO MUSEO DO POBO.

A PRIMEIRA NOVA FORON OS ROUBOS NA SALA DE ARQUEOLOXÍA, QUE NOS LEVARON A AVENTURA DE ORIENTACIÓN, XOGOS TRADICIONAIS, BATIR AOS BIORBARDOS COA ATENCIÓN E LÓXICA, FOI UN GRANDE DESAFÍO.

BIOSBARDOS AO FARDO,
A ALPABARDA VOS AGARDA!


OUTRA DAS AVENTURAS FOI O ROUBO NA SALA DE MÚSICA, AQUÍ TIÑAN QUE CREAR MEDIANTE A REGUEIFA, UNHA EXPRESIÓN MUSICAL E CULTURAL DA NOSA CONTORNA, UNHAS ESTROFAS TENDO EN CONTA A VIDA E OBRA DE ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS, E TODO COOPERANDO ENTRE OS DIFERENTES NIVEIS DE PRIMARIA. E ABOFÉ QUE O CONSEGUIRON.









E DE AQUÍ AO ROUBO NA SALA DO MAR, AQUÍ ATOPÁMONOS CUNHA SERIE DE PISTAS QUE NOS LEVABAN A UN DOS OBXECTOS MÁIS CARECTERÍSTICOS DAS NOSAS COSTAS E DA NOSA CULTURA DO MAR. PARA ATOPALA TIÑAN QUE UTILIZAR A SÚA LÓXICA E DESTREZA MATEMÁTICA, E COOPERAR ENTRE TODAS E TODOS, XA QUE CADA EQUIPO LOGRABA UNHA LETRA, E O CONXUNTO DESAS LETRAS FORMABA A PALABRA DORNA.

POLO MEDIO HOUBO MÁIS PROBAS QUE NOS DABAN PUNTOS EXTRAS COMO POR EXEMPLO A REALIZACIÓN DUN MURAL COLECTIVO E COOPERATIVO SOBRE ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS.







E FINALMENTE O BREAKOUT FINAL, NO QUE AVERIGUABAN DE QUEN SE TRATABA AS PERSONAXES ENCARGADAS DE ROUBAR TODOS OS OBXECTOS CULTURAIS, OS TARDOS, VAIA TRASNADAS FIXERON. E CADA AVENTURA QUE ÍAN RESOLVENDO TIÑAN UN NÚMERO QUE CONFORMARÍA UN CÓDIGO FINAL ,  QUE SERÁ...









E COMO TODO ESFORZO TEN A SÚA RECOMPENSA, CADA CICLO DE PRIMARIA E ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL CONSEGUIRON UNS CÓDIGOS E CHAVE FINAL, COA QUE ABRIR CATRO CADEADOS DUNHA CAIXA, NA QUE ESTABA A RECOMPENSA FINAL, QUE FOI?...QUE VOS CONTEN...







UN AJRÚ POR ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS E POLA AVENTURA E INVESTIGACIÓN DESTAS NENAS E NENOS, ORGULLO!








Ningún comentario:

Publicar un comentario