martes, 21 de maio de 2019

CHARLA E VI CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE

UNHA ALEGRÍA PODER RECIBIR A VISITA DESTE GRANDE DEPORTISTA E SOBRE TODO VECIÑO, TRATÁBASE DA VISITA DE DAMIÁN ESPASANDÍN LEMA NADA MÁIS E NADA MENOS QUE O CAMPIÓN DO MUNDO NA MODALIDADE DE OCR ÉLITE RACER.

ESTE GRANDE ATLETA VECIÑO DE VIMIANZO, RELATOUNOS A SÚA EXPERIENCIA NAS CARREIRAS DE OBSTÁCULOS. TAMÉN DA SÚA COMPAÑEIRA PAULA ESTEIRO DE CAMARIÑAS QUE PARTICIPA NA MESMA MODALIDADE QUE EL PERO EN CATEGORÍA FEMININA E QUE TAMÉN ESTÁ A CONSEGUIR MOITOS ÉXITOS.

TAMÉN EXPLICOUNOS COMO ÍA A SER E QUENES PODEN PARTICIPAR NA CARREIRA POLA COSTA DA MORTE.

E TAMÉN E MÁIS IMPORTANTE A EXPERIENCIA DUNHA NENA QUE PARTICIPA EN MOITAS DAS CARREIRAS DA COSTA DA MORTE CUNHA PARÁLISE, QUE AO PRINCIPIO TIÑA QUE ESTAR EN CADEIRA DE RODAS E DÁBANLLE POUCAS ESPERANZAS DE ANDAR, PERO QUE GRAZAS AO ESFORZO, PERSEVERANCIA E O DEPORTE E CAPAZ DE IR AS CARREIRAS CON AXUDA, E POUCO A POUCO IR ADQUIRINDO MAIOR AUTONOMÍA, UN GRANDE EXEMPLO.






UN AJRÚ POR DAMIÁN E POLO DEPORTE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario