mércores, 10 de abril de 2019

AS PAISAXES CAMBIAN


NOVO KAHOOT SOBRE O TEMA DE CIENCIAS SOCIAIS AS PAISAXES CAMBIAN
PIN: 0312922

AVICULTURA

COMO O SABER NON OCUPA LUGAR... XA HABÍA SEMANAS OU MÁIS BEN MESES, QUE A NOSA COMPAÑEIRA ANTÍA FALÁBANOS DOS PAXAROS QUE TIÑA NA SÚA CASA, E ADEMÁIS DE DIFERENTES ESPECIES, PERO TIÑAMOS GANAS DE PROFUNDIZAR NO TEMA, E VAIA SE O FIXEMOS. A NOSA COMPAÑEIRA PREPAROUNOS UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA IMPRESIONANTE, E EXPLICOUNOS O PRECIOSAS QUE SON, A SÚA ALIMENTACIÓN, AS CLASES, COMO VIVEN, COMO SE DIFERENCIAN, E QUEDAMOS SORPRENDIDOS DO MOITO QUE SABE.

CANTA CULTURA, CANTA SABEDORÍA...


UN AJRÚ POR ANTIA E A AVICULTURA!

EDUCACIÓN VIAL

O PASADO VENRES, TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE TER UNHA CLASE DE EDUCACIÓN VIAL, LEVADA A CABO POR UN POLICÍA QUE EXPLICOU TODO AQUELO QUE DEBEMOS SABER COMO MEMBROS DA COMUNIDADE QUE UTILIZAMOS AS VÍAS PÚBLICAS, ESTRADAS, BICICLETAS...E ADEMÁIS A IMPORTANCIA DE TER RESPECTO SEMPRE POLAS DEMAIS PERSOAS, XA QUE UNHA SOA PERSOA PODE SER QUEN DE FORMAR UN CAOS MOI GRANDE, E O PEOR ACABAR EN ACCIDENTES MOI GRAVES, SE TODAS E TODOS POÑEMOS DA NOSA PARTE HABERÁ MOITOS MENOS ACCIDENTES E A CONVIVENCIA SERÁ MOITO MELLOR.


UN AJRÚ POLA EDUCACIÓN VIAL!



xoves, 4 de abril de 2019

TRABALLOS DE MÚSICA

GRAZAS A PROFE INÉS DESCUBRIMOS DIFERENTES GRUPOS DE DIFERENTES ESTILOS, E TAMÉN GRUPOS DIVERSOS INVESTIGADOS POR OUTRAS CLASES. SEMPRE É MOI CHULO ATOPAR NOVAS MÚSICAS POLO NOSO CAMIÑO.